Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar, mediante o anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, se encontra á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral/DNI

8551/2022

27067A033005640000XS

Polígono 33, parcela 564

Cabana, Vieiro, Viveiro (Lugo)

En investigación

27067A029007520000XH

Polígono 29, parcela 752

Boca da Fraga, Vieiro, Viveiro (Lugo)

Sampedro Sierra, José Manuel (***6297**)

2198/2023

27067A003008150000XQ

Polígono 3, parcela 815

O Seixo, Brieiro, Faro, Viveiro (Lugo)

Rey Martínez, Dolores (descoñécese o DNI)

p.q. A Rigueira (San Miguel) 27879 Xove (Lugo)

2148/2023

27067A006008340000XW

Polígono 6, parcela 841

Pé de Boi, Viveiro (Lugo)

Lage López, Manuel (descoñécese o DNI)

27067A006008430000XP

Polígono 6, parcela 843

Pé de Boi, Viveiro (Lugo)

Descoñecido

Viveiro, 25 de abril de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa