Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela de equipamento para un centro de día, situada na avenida do Carregal (referencia catastral 3625621NH6932S0001HW).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela de equipamento para un centro de día, situada na avenida do Carregal (referencia catastral 3625621NH6932S0001HW) (documento para a aprobación inicial de agosto de 2022, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Abad Blanco (colexiado nº 1877).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Betanzos (praza de Galicia, número 1), das 9.00 ás 13.00 horas.

Betanzos, 12 de abril de 2023

María Barral Varela
Alcaldesa