Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución do seu expediente, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2022/8251-4 e seis máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encontrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 28 de abril de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2022/8251-4

30850881S

Denegatoria

PR204A 2023/407-4

35315951A

Denegatoria

PR204A 2023/482-4

11864243S

Denegatoria

PR204A 2023/942-4

35487277W

Denegatoria

PR204A 2023/2469-4

76803960Z

Denegatoria

PR204A 2023/2517-4

35470954D

Denegatoria

PR204A 2023/2661-4

52009172P

Denegatoria