Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2023 Páx. 29715

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 89 da Orde do 24 de abril de 2023, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

No Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio de 2023, publicouse a Orde do 24 de abril de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto PR.C05.00.000.15770.040).

Ao duplicarse a publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio de 2023, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio de 2023, da Orde do 24 de abril de 2023 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes