Advertido erro na resolución anterior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 27938, onde di:
«Javier Domínguez González, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñería de minas».
Debe dicir:
«Javier Domínguez González, persoal funcionario do corpo de enxeñeiros de minas do Estado».