Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807, no concello de Nigrán, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/046-4).

A instalación denominada LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 27 de febreiro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de xuño de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e onde serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

anexo

Denominación: LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807.

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

1

54035A075001450000HU

Emilio Pereira Merlo

1

14,42

11,1

133,02

2

54035A075003210000HF

Gloria Comesaña Álvarez

Repr. Antonio Rodríguez Giráldez

8,81

3

54035A075001500000HW

Pablo Sestelo Troncoso

Repr. Antonio Rodríguez Giráldez

26,24

4

54035A075001510000HA

Antonio Rodríguez Vidal

Repr. Antonio Rodríguez Giráldez

8,33