Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2023 Páx. 29184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4, no concello de Sanxenxo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., (expediente IN407A 2022/304-4).

A instalación denominada instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de xuño de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Sanxenxo.

A interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e informándolle de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Instalación RC en AP 9QI4BB1F461 na LMT VLG804 Sanxenxo 4

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36051A003003930000FU

Isqueiro

Josefa Domínguez Estévez

9QI4BB1F461

2