Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para posterior construción de dúas vivendas unifamiliares acaroadas nas parcelas catastrais 15004A019003280001UF e 15004A019003310001UF, lugar de Papellas.

Mediante o Acordo da Xunta Local de Goberno, do 11 de abril de 2023, aprobouse inicialmente o seguinte estudo de detalle:

Tipo de instrumento:

Estudo de detalle.

Ámbito:

15004A019003280001UF e 15004A019003310001UF, no lugar de Papellas.

Instrumento que desenvolve:

Plan xeral de ordenación municipal de Ares.

Obxecto:

Ordenar volumes.

Clasificación e cualificación do solo, parcela 1:

Solo urbano. Ordenanza 6 «Edificación extensiva» grao B; e solo rústico. De protección de Infraestruturas. Plan especial (PE-8).

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (enderezo https://concellodeares.com).

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas:

Tipo de licenza.

Parcelas catastrais: 15004A019003280001UF e 15004A019003310001UF

Licenza de parcelamento de terreos, edificación e demolición.

A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos. Este prazo interromperase, con levantamento da suspensión, se transcorrido un ano non se somete a exposición pública a proposta de plan.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Ares, 18 de abril de 2023

Julio I. Iglesias Redondo
Alcalde