Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de abril de 2023 polo que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/201/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de marzo de 2023, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na construción dunha edificación para uso residencial no lugar do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra (referencia catastral 36060A003002600001HK).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á persoa interesada con documento nacional de identidade número 14585399H, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística