Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de marzo de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Viñas Dios, S.L., de modificación substancial por incremento do volume construído da concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario do Xufre para a ampliación de caseta desmontable (expediente 13-04-22-C1).

Viñas Dios, S.L. solicita a modificación substancial por incremento do volume construído da concesión administrativa con destino á ocupación en superficie e das instalacións báscula, edificio, guindastre, nave desmontable para o desenvolvemento das actividades de carga/descarga de mexillón, pesada de camións, garaxe de medios mecánicos, taller de reparacións menores, almacenamento en superficie de elementos de transporte de mexillón, para a ampliación de caseta desmontable, no dominio público portuario do Xufre segundo o proxecto redactado polo arquitecto técnico e enxeñeiro de edificación Juan F. Oubiña Chaves, do 28 de decembro de 2022.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 14 de marzo de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur