Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de abril de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores de Celeiro, de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.07.EDF.006) de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades de almacén e venda de efectos navais e cebo, e outros usos náutico-pesqueiros (expediente 14-07-23-C-1).

O día 10 de abril de 2023, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Celeiro, de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.07.EDF.006) de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades de almacén e venda de efectos navais e cebo, e outros usos náutico-pesqueiros, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de abril de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte