Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/134 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Iberdrola Clientes, S.A.U.

Domicilio social: rúa Tomás Redondo, 1, 28033 Madrid.

Denominación: centro prefabricado en envolvente común para seccionamento e transformación de abonado 1×630 kVA para infraestrutura eléctrica para estación de recarga de vehículos eléctricos.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

Instalación dunha caseta prefabricada tipo PFU-5 con dous locais independentes, un para cesión á compañía distribuidora (Begasa), no cal se instalará un centro de seccionamento obxecto doutro expediente (151/2022-AT), e outro para o centro de transformación, cunha potencia proxectada de 1×630 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 68.694,76 euros.

Documentación que se xunta:

• Copia do proxecto.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 21 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo