Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 28020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023 de adxudicación do procedemento de alleamento en cuarta poxa de dous bens inmobles nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Lugo (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro).

Antecedentes:

1. Mediante resolucións do conselleiro de Economía, Emprego e Industria do 22 de novembro de 2017 e do 30 de decembro de 2019, encomendouse a tramitación do procedemento de alleamento de determinados inmobles patrimoniais do Igape á sociedade autonómica Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A.

2. Unha vez realizadas tres poxas (anunciadas no Diario Oficial de Galicia do 25 de novembro de 2018, do 12 de decembro de 2019 e do 5 de agosto de 2021) e resultando desertas respecto a determinados inmobles, o director xeral do Igape, mediante a Resolución do 11 de setembro de 2022, declarou a procedencia da apertura do procedemento de alleamento en cuarta poxa recollido no artigo 72 do Decreto 50/1989 polo que se aproba o Regulamento da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 3 de febreiro de 2023, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día) o Anuncio do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral do Igape, de alleamento dos citados bens, realizouse o 14 de marzo de 2023 a poxa pública anunciada cos seguintes importes mínimos de licitación:

Lote 1: 320.000 €.

Lote 2: 127.000 €.

4. O director xeral do Igape é competente para a adxudicación segundo resulta da delegación de facultades efectuada polo Consello de Dirección do Igape o 12 de abril de 2012 (DOG núm. 78, do 24 de abril).

Polo que antecede, á vista da acta da mesa de contratación, e de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989 polo que se aproba o Regulamento da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, vista a proposta da Xerencia do Igape,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Mejillones Ría de Arosa, S.L., o lote 1, polo prezo de cincocentos sesenta mil euros (560.000 €), que corresponde co seguinte inmoble:

Nave sita en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Pontevedra. Natureza do predio: nave industrial.

Datos rexistrais: predio rexistral nº 14.661. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa: tomo 891, libro 309, folio 67, alta 20. IDUFIR: 360210001025248. Concello: Vilagarcía de Arousa. Natureza do predio: urbano, nave.

Referencia catastral: 6947601NH11640001IO 6947601NH1164N0002OP.

Localización: rúa Veiga do Mar, nº 39, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa. Código postal 36611.

Superficie: 13.219 m². Superficie construída: 2.971,29 m².

Lindeiros: norte, camiño; sur, herdeiros de Alfonso Ozores; leste, Ramón Tourís, e oeste, praia mar.

Descrición: terreo en que existen dúas naves:

• Unha nave de superficie de 1.631,29 m².

• Unha nave de superficie de 1.300 m².

• Unha casiña duns 40 m², de planta baixa.

• Un transformador.

2. A Julalu, S.L., o lote 2, polo prezo de douscentos dezasete mil euros (217.000 €), que corresponde co seguinte inmoble:

Conxunto de naves industriais sitas en Mazoi (Lugo). Natureza do predio: conxunto de naves industriais.

Datos rexistrais: predio rexistral 104.120, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo, tomo 1552, libro 1113, folio 152.

Referencia catastral: 27900A342004210000UE 27900A342004210001IR.

Localización: lugar Barcia, polígono 342, parcela 421, Santalla de Mazoi, Lugo. Código postal 27290.

Superficie terreo: 26.837 m².

Superficie construída: 5.759 m².

Segundo. O pagamento dos prezos dos inmobles adxudicados efectuarase segundo o establecido no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. As vendas formalizaranse como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo dos adxudicatarios o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo. Potestativamente, poderá interpoñer recurso de reposición ante o director xeral do Igape no prazo dun mes. En ambos os casos o prazo comezará a contar desde a data de recepción da notificación.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica