Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27762

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se anuncia a publicación do Informe de fiscalización sobre as medidas adoptadas no ámbito autonómico para a implementación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, exercicio 2021-2022.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data 24 de abril de 2023, do seguinte informe:

– 1502022-06. Informe de fiscalización sobre as medidas adoptadas no ámbito autonómico para a implementación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, exercicio 2021-2022.

A ligazón para acceder ao texto completo do informe é a seguinte:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia