Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 28028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2022/U039/000027).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de marzo de 2023, acordou aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Carballo e Alberto Varela Trigo (propietario da parcela coa referencia catastral 5456915NH2955N0001G) para tramitar a cesión anticipada dos terreos que se corresponden coa parte da parcela dotacional de equipamento para servizos varios SL EQ2-V e as vías que a circundan, que están incluídas no sector de solo urbanizable SUR-D S-R5 do Plan xeral de ordenación municipal, coa finalidade de ampliar o Centro de Saúde de Carballo e transfomarlo nun novo centro integral de saúde (CIS) para a Comarca de Bergantiños, de acordo co disposto no artigo 129.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Polo tanto, sométese o texto do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de un (1) mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento estará á disposición das persoas interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, na páxina web e na sede electrónica deste concello (taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 10 de abril de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde