Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 28029

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2023/U032/000001).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de marzo de 2023, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións no contorno da Pedra Furada, que ten como obxectivo o reaxuste das aliñacións establecidas no Plan xeral de ordenación municipal, promovido polo Concello de Carballo, segundo a documentación técnica redactada polo arquitecto xefe municipal da Área de Urbanismo e Obras, Alfredo Garrote Pazos, en febreiro de 2023.

O anterior sométese a información pública durante o prazo dun (1) mes, en cumprimento dos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194.2 do Regulamento da dita lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, notificaráselles individualmente o acordo de aprobación inicial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do estudo de detalle.

Este anuncio serve de notificación para as parcelas con persoas titulares catastrais descoñecidas ou para aquelas persoas titulares das cales se descoñece o seu enderezo.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 11 de abril de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde