Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de abril de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia a Gonzalo Antonio González Brochado, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dun contedor-caseta para uso de vestiario-oficina, barra de bar con billa dispensadora de bebidas alcohólicas, unha tenda de campaña, mesas e cadeiras, destinadas en conxunto a unha actividade de lecer ou recreo, no concello de Esgos, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considere pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística