Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de abril de 2023 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/317/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 21 de marzo de 2023, resolver o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na construción dunha edificación auxiliar dunha planta, dunha grella e dunha construción acaroada á primeira, na parcela 117 do polígono 53, sita no lugar de Herdeiros, nº 2 A, parroquia de Pazos de Rei, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ás persoas interesadas con documentos nacionais de identidade 76909587W e 35567353S, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística