Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 20 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (expediente RL 2022/0522-4 e un máis).

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que neles se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0522-4.

Acta: I362022000094356.

Empresa: Industrias Navales A Xunqueira, S.L.

Enderezo: lugar A Guía-praia do Cocho, Moaña.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29 da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 40.1.c) e 39.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 1.3.2023.

Resolución: multa de 7.501 €.

Expediente: RL 2023/0022-4.

Acta: I362022000063438.

Empresa: El Dulce Vigo, S.L.

Enderezo: avda. Camelias, 67-7º E, Vigo.

Materia: obstrución

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigos 13.3, alíneas b) e c), e artigo 18.1 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora da inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1 e 39.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14.2.2023.

Resolución: multa de 1.501 €.

Vigo, 20 de abril de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra