Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 20 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a suspensión da instrución do expediente sancionador na orde social RL 2023/0097-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a seguir, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a suspensión cautelar da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao existir un procedemento xudicial iniciado no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, dilixencias previas núm. 969/2022, por mor do accidente laboral dun traballador, ata que sexa ditada sentenza firme, en aplicación do disposto no artigo 5 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, e no artigo 3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. A dita paralización manterase ata que nesta xefatura se teña coñecemento da sentenza ditada ou orde de arquivamento.

Expediente: RL 2023/0097-4.

Acta: I362022000097588.

Empresa: Dena Gestión Mercantil 2020, S.L.

Enderezo: Barro, 7, Tenorio, Cotobade (Pontevedra).

Vigo, 20 de abril de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra