A Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, do 4 de abril de 2023, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24 (DOG do 20 de abril), establece que o tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito da titulación de educación secundaria obrigatoria será designado pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.
De conformidade co establecido na citada Resolución do 4 de abril de 2023,
RESOLVO:
Primeiro. Designar os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito da titulación de educación secundaria obrigatoria para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2023/24 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.
Segundo. Os membros deste tribunal terán dereito a percibir asistencias, de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO
Tribunal titular |
Tribunal suplente |
||
Presidente |
Fernando Fernández Fraga |
Presidente |
Rubén Vázquez Rodríguez |
Secretaria |
Verónica Martínez Delgado |
Secretaria |
Rosalía Polo Cal |
Vogal 1º |
David Cobas Medín |
Vogal 1ª |
María Victoria Cerviño Ferrín |
Vogal 2ª |
Marina Carlota Mascareñas García |
Vogal 2ª |
Ana María López Díaz |
Vogal 3º |
Francisco Javier Poch Gutiérrez |
Vogal 3º |
Antonio Pedro Doñate Mañeru |
Vogal 4º |
Juan Carlos Fandiño da Torre |
Vogal 4º |
Xián Otero Camaño |