BDNS (Identif.): 691619.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Segundo. Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2023 (http://cgac.xunta.gal/).
Cuarto. Contía
Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de setembro de 2023.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades