Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de abril de 2023 polo que se notifica a aprobación da liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria do expediente 107K-2009-281-0.

O día 29 de marzo de 2023, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución pola que se aproba a liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria das obras de demolición de dúas vivendas unifamiliares, no lugar das Mariñas-Mougás, concello de Oia, provincia de Pontevedra, e se require a persoa con documento nacional de identidade 35278246H para que efectúe o seu aboamento.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á devandita persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A presente resolución ten a consideración de mero acto de trámite, non susceptible de recurso nos termos do artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao quedar suxeita esta liquidación a unha ulterior e definitiva, sen prexuízo de que, de o consideraren oportuno os interesados, se alegue oposición a ela, que será tida en consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística