Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27266

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento TR349V).

No DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2023, publicouse a Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se convocan para o exercicio 2023.

Na dita orde, respecto da prelación de concesión das subvencións, a dotación orzamentaria e o esgotamento de crédito, establécese o seguinte:

Primeiro. O financiamento das axudas, segundo o artigo 3.2 finánciase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, a través dos créditos consignados no código de proxecto 2022 00091, por un total de 9.175.293,00 €, desagregado en 6 aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Importe

11.30.322C.470.10

6.500.000,00 €

11.30.322C.444

1.000.000,00 €

11.30.322C.480.10

700.000,00 €

11.30.322C.432

500.000,00 €

11.30.322C.443

335.000,00 €

11.30.322C.445

140.293,00 €

Así mesmo, o artigo 3.5 estipula que a distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse, logo da finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias sen incrementar o crédito total.

Segundo. O artigo 9.3 indica que as resolucións de concesión se ditarán por orde de presentación de solicitudes, unha vez realizadas as comprobacións de concorrencia da actuación subvencionable e o cumprimento do resto de requisitos exixidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario asignado na convocatoria.

Na mesma liña, o artigo 17.6 recolle que será causa de denegación da concesión da subvención o esgotamento do crédito consignado, para estes efectos, na aplicación orzamentaria fixada no artigo 3.

Por outra banda, o artigo 15.3 sinala que, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras.

Terceiro. Unha vez rematado o prazo de solicitudes do Programa Investigo 2023, concedéronse as axudas segundo a diferente natureza xurídica das entidades solicitantes por cada unha das partidas orzamentarias, e quedaron saldos de crédito nalgunhas aplicacións orzamentarias que, ou ben non eran suficientes para atender a seguinte solicitude por orde de prelación pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ou ben non existían solicitudes desa natureza xurídica. Os saldos de crédito son susceptibles de seren empregados para atender outras solicitudes en réxime de concorrencia non competitiva e con ese fin, e para atender o máximo de solicitudes posibles, a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, ditou a Resolución do 19 de abril de 2023 para a redistribución entre créditos orzamentarios e, deste xeito os créditos quedaron desagregados nas contías expresadas na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial (€)

Redistribución de créditos (€)

Crédito final (€)

11.30.322C.432.0

500.000,00

-102.693,92

397.306,08

11.30.322C.443.0

335.000,00

-2.911,52

332.088,48

11.30.322C.444.0

1.000.000,00

-5.734,72

994.265,28

11.30.322C.445.0

140.293,00

-140.293,00

0,00

11.30.322C.470.10

6.500.000,00

-4.888,78

6.495.111,22

11.30.322C.481.10

700.000,00

256.521,94

956.521,94

Total

9.175.293,00

0,00

9.175.293,00

Cuarto. Redistribuído o crédito, concedéronse novas axudas respectado a orde de prelación pola data na que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito.

De acordo con todo o anteriormente exposto e conforme o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Facer público o esgotamento do crédito consignado na Orde do 26 de decembro de 2022 que regula as axudas do Programa Investigo 2023 (código de procedemento TR349V), no código de proxecto 2022 00091. Xa que logo, nos seguintes parágrafos sinálase a data e hora de presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia da última solicitude que se puido conceder nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15, en cada unha das aplicacións orzamentarias:

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.432.0: día 10.1.2023, 9.54.18 horas (expediente TR349V-2023-109-00).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.443.0: día 2.2.2023, 14.39.42 horas (expediente TR349V-2023-183-00).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.444.0: día 1.2.2023, 12.24.20 horas (expediente TR349V-2023-176-00).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.470.10: día 18.1.2023, 13.12.00 horas (expediente TR349V-2023-063-00).

– Aplicación orzamentaria 11.30.322C.480.10: día 9.1.2023, 17.51.42 horas (expediente TR349V-2023-00106-00).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social