Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente-e IN407A 2022/220-1).

Expediente-e: IN407A 2022/220-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LAMT PMR814 Corrubedo, 14 entre os apoios 9DVTLOKK/44-30 e 9DXQP7WL/44-33.

Concello: Ribeira.

Feitos:

1. O 5 de agosto de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de realizar obras de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT PMR814 Corrubedo, 14 (expediente 25.132) nun treito situado no concello de Ribeira. Proxéctase a substitución do condutor dun van e o regulado de dous vans adxacentes.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo, 14 entre os apoios 9DVTLOKK/44-30 e 9DXQP7WL/44-33, asinado por Tito Arias Santos. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista acreditouse mediante a certificación emitida polo COPITILeón o 2 de novembro de 2022, en que se sinala que Tito Arias Santos é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade en Electricidade, co número colexial LE-1010.

– Anexo, asinado o 1 de xuño de 2022, por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial e co número colexial 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 14 de novembro de 2022.

– DOG: 7 de decembro de 2022.

– BOP: 17 de novembro de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 24 de novembro de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario xeral en funcións do Concello de Ribeira do 4 de xaneiro de 2023.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) presentou unha alegación. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Ribeira. A día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o concello, á solicitude do condicionado solicitado.

5. O 23 de febreiro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

• Actuación 1: retensado da LMTA a 20 kV, de 71 metros, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio número 9DVTLOKK/44-30 existente da LMTA PMR814 Corrubedo, 14 (expediente 25.132) e remate no apoio número 9DWDKBRF/44-31 existente de formigón que se vai substituír por un de tipo metálico de celosía C-2000/14.

• Actuación 2: LMTA a 20 kV, de 66 m, condutor tipo LA-56 Al (retirada do condutor tipo LA-30 Al existente), coa orixe no apoio número 9DWDKBRF/44-31 existente que se vai substituír da LMTA PMR814 Corrubedo, 14 (expediente 25.132) e remate no apoio número DWXRA59 existente. Cambio da cruceta existente no apoio número 9DWXRA59, instalándose unha cruceta tipo CR-1.

• Actuación 3: retensado da LMTA a 20 kV, de 79 m, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio número 9DWXRA59 existente da LMTA PMR814 Corrubedo, 14 (expediente 25.132) e remate no apoio número 9DXQP7WL/44-33 existente.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada polo Colexio Oficial de Inxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) mediante o escrito do 19 de xaneiro de 2023, esa entidade solicita que se inadmita ou, se é o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública e alega en síntese o seguinte:

– O proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade.

– As competencias profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais son distintas dos enxeñeiros industriais. Nas atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

– Os enxeñeiros técnicos terán as facultades e atribucións no exercicio da súa profesión dentro do ámbito da súa respectiva especialidade técnica.

– O ICOIIG engade que, cando non consta acreditada a especialidade do enxeñeiro técnico industrial que redactou e asinou o proxecto, implica un impedimento para apreciar favorablemente a competencia do dito enxeñeiro.

6. A empresa promotora respondeu ás alegacións do ICOIIG e presentou a certificación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de León, en que se establece que o técnico proxectista ten a titulación de enxeñeiro técnico industrial coa especialidade en Electricidade.

7. Á vista da alegación presentada e a resposta da empresa promotora, considérase que:

– Segundo a Sentenza do Tribunal Supremo STS 4337/2021, respecto das competencias dos enxeñeiros técnicos industriais establece o seguinte: «... a facultade de redactar proxectos non corresponde exclusivamente aos enxeñeiros superiores, xa que os enxeñeiros técnicos industriais tamén poden asinar determinados tipos de proxectos sempre que a potencia e envergadura se atope dentro dos límites que establece o Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño. As atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais delimítanse entre sí polo principio de especialidade de cada un deles: mecánica, electricidade, química industrial, téxtil e electrónica industrial, segundo a súa diferente titulación». «... Non teñen atribucións absolutas senón as que lles atribúe a súa titulación...». «... O límite de competencia profesional relativo á tensión será de 66,000 voltios cando as instalacións se refiran a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica».

– No expediente consta documentación acreditativa da competencia profesional do técnico proxectista para a elaboración do proxecto técnico presentado.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña