Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2022/452-1).

Expediente: IN407A 2022/452-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Recesende.

Concello: Teo.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Rece-sende (expediente 50.874/matrícula: 15AG80), de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, instalado no apoio número 19-3-7-CT (matrícula: A73MMWC8), de formigón tipo pórtico 2×HV-630/13, pertencente á arquitectura da liña SNT-813, sito no lugar de Recesende (concello de Teo).

– Modificación proxectada no apoio nº 19-3-7-CT (matrícula: A73MMWC8) anterior que se mantén instalado na parcela con referencia catastral 15083B503006400000SX de titularidade municipal, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S).

– En substitución do CT Recesende intemperie proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas, para instalar na parcela con referencia catastral 15083B503006390000SJ, sita no lugar de Recesende (concello de Teo).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 38 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) proxectado no apoio nº 19-3-7-CT e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Recesende (expediente 50.874/matrícula: 15AG80) para desmantelar, mediante a instalación de tres (3) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), S1, de 60 metros de lonxitude, coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no novo apoio de formigón tipo HV-630/11 e S2, de 2×29 metros de lonxitude, coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no novo apoio de formigón tipo HV-1000/11, nos cales se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente e no desmonte de 58 metros da rede aérea de baixa tensión en condutores tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm) coa orixe no CT Recesende para desmantelar e remate nos apoios existentes de formigón tipo HV-250/9 e HV-630/11 para retirar.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Recesende

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Teo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Josefina Garabal Villar

15083B503006390000SJ

Polígono 503, parcela 639

Meixande

CT e acceso

17,97

Rústico