Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27065

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios para a concesión das axudas previstas Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento TR349V).

A Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento TR349V), publicouse no DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2023.

O artigo 3 da dita orde establece os créditos que financian as axudas do Programa Investigo con cargo aos correspondentes fondos dotados no orzamento de gastos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do mecanismo para a recuperación e a resiliencia. O crédito total, por importe de 9.175.293,00 €, consignado no código de proxecto 2022 00091, desagrégase nas seguintes aplicacións orzamentarias:

11.30.322C.470.10: 6.500.000,00 €.

11.30.322C.444: 1.000.000,00 €.

11.30.322C.480.10: 700.000,00 €.

11.30.322C.432: 500.000,00 €.

11.30.322C.443: 335.000,00 €.

11.30.322C.445: 140.293,00 €.

No punto 5 do mesmo artigo, indícase que «a distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total».

Así mesmo, conforme o artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, pódese alterar a distribución entre distintos créditos sen modificar a contía total máxima e a redistribución precisará unicamente das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación desta modificación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes do Programa Investigo 2023, concedéronse as axudas segundo a diferente natureza xurídica das entidades solicitantes por cada unha das partidas orzamentarias e quedaron saldos de crédito nalgunhas aplicacións orzamentarias que, ou ben non eran suficientes para atender a seguinte solicitude por orde de prelación pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ou ben non existían solicitudes desa natureza xurídica. Os ditos saldos de crédito pódense utilizar para atender outras solicitudes en réxime de concorrencia non competitiva.

Con este fin, mediante a presente resolución publícase a distribución de créditos entre distintas aplicacións orzamentarias, co fin de atender o máximo de solicitudes posibles.

Por todo o exposto no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo e se convocan as axudas para o ano 2023, minorando varias aplicacións por importe total de 256.521,94 €, contía que se incrementa na aplicación 11.30.322C.480.10, segundo se expresa na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Redistribución e créditos

Crédito final

11.30.322C.432.0

500.000,00

-102.693,92

397.306,08

11.30.322C.443.0

335.000,00

-2.911,52

332.088,48

11.30.322C.444.0

1.000.000,00

-5.734,72

994.265,28

11.30.322C.445.0

140.293,00

-140.293,00

0,00

11.30.322C.470.10

6.500.000,00

-4.888,78

6.495.111,22

11.30.322C.481.10

700.000,00

256.521,94

956.521,94

Total

9.175.293,00

0,00

9.175.293,00

Segundo. Esta modificación non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social