Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Larouco (expediente 2008AAE0219).

Faise pública a Resolución do 4 de abril de 2023 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Larouco, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado nos procedementos de aprobación de instrumentos de planeamento urbanístico regulados na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 0527/2008.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático