Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Granja XIV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Granja XIV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 27 de marzo de 2023, Mario Moital Pérez (***1010**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Granja XIV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartamento ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Mario Moital Pérez (***1010**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Granja XIV.

Situación:

Cuadrícula número: 19.

Polígono: B.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.9.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Esperanza Pérez Pousada (***3101**) e José Moital Santos (***3460**).

Novo titular: Mario Moital Pérez (***1010**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública, e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polos transmitentes en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205J 2021/121-5 en concepto de axuda compensatoria no ámbito da acuicultura por importe de 10.500,70 €. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro (DOUEL núm. 347, do 20 de decembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 30 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica