Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 90/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 90/2023 (procedemento ordinario), interposto por Clara Eugenia Vásquez Sulleiro, Paula Armada Santiago, María Antelo García, Eva María Cameán Agrelo, Noelia Carballo Fernández, María Ángeles Cascales Lorenzo, Silvia Díaz Domínguez, María Victoria Evangelista Charro, Irene Gil Pousa, María Isabel Lamas Funcasta, María Montserrat Martínez López, Margarita Otero López, Ángel Manuel Pérez Lijo, Lorena Piñeiro Martínez, María Montserrat Silva Fernández, Lucía Souto Costoya, Natalia Suazo Rodríguez, Elena Fátima Torres Carballal, María Montserrat Vallo Galmán e Alicia Pena González contra a Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo da Mesa Sectorial do 28 de outubro de 2022 sobre as futuras convocatorias de acceso aos graos de carreira profesional, publicado no DOG núm. 231, do 5 de decembro de 2022.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos