Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de abril de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o devandito rexistro.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 17 de abril de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Expediente

DNI/NIE

74508

44462007V

104776

53647600P

970633

53173593P

970684

Y6813740G

970833

36117250M

970957

39463158B

970975

39513169C

971029

46456828W

971037

44485396S

971102

36105535C

971203

39495316S

971247

Y8675106A

971333

35582130A

971335

39494971S

971436

76826786R