Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de tres parcelas pola instalación eléctrica LMTS ATI712, CTC e ITC, prevista no concello de Mos (expediente IN407 2023/158-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoa interesadas, notifícanselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS ATI712, CTC e ITC (expediente IN407 2023/158-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/158-4.

Denominación: LMTS ATI712, CTC e ITC.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sucarreira

Rústico

36033A028002970000SW

Descoñecido/a

1,96

6,17

2

Sucarreira

Rústico

36033A028004440000SD

Descoñecido/a

2,06

6,13

3

Sucarreira

Urbana

36033A028002950001DI

Descoñecido/a

31,03

93,04