Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de tres parcelas pola instalación eléctrica de soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño, prevista no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/139-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícanselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño (expediente IN407A 2023/139-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/139-4.

Denominación: soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CS/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

3

La Sierra

Matogueira

54057A095000180000AT

Descoñecido/a

CT

29,25

2,91

6,70

4

Fragosiño-Sárdoma

Matogueira

54057A095000100000AW

Descoñecido/a

C-18/7000

3,61

0,74

2,31

5

Fragosiño-Sárdoma

Urbana

4137126NG2743N0001QA

Descoñecido/a

0,90

14,50