Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26643

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF325A, IF325B, IF325C, IF325D, IF325E, IF325F, IF325G, IF325H, IF325I e IF325J).

O Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, aprobou a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e establece as normas especiais destas subvencións, co carácter de bases reguladoras (BOE núm. 257, do 26 de outubro).

Mediante o dito real decreto regúlase a transferencia ás comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla de 110.000.000 de euros con cargo ao programa 17.50.20 45FD 752 752 «Transferencias de capital a empresas privadas. Axudas a empresas para o impulso da dixitalización, sustentabilidade e innovación na cadea loxística, Mecanismo de recuperación e resiliencia» xestionado pola Secretaría de Estado do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, previsto nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, con orixe no Fondo de recuperación NextGenerationEU, ao estar este programa incluído no compoñente 6 do PRTR (mobilidade sustentable, segura e conectada).

O dito real decreto establece un criterio de distribución do orzamento, entre as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, proporcional á súa poboación, co obxectivo de dixitalizar as empresas privadas de transporte de viaxeiros e de mercadorías.

Mediante a Resolución da Secretaría do Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, do 30 de novembro de 2022, concedéuselle á Comunidade Autonóma de Galicia unha subvención por importe de 6.257.682 €, de conformidade co disposto no anexo II do dito real decreto.

Por outra parte, o seu artigo 7.2 establece que se prevé un máximo dun tres por cento do orzamento dispoñible como custos indirectos imputables ás actuacións subvencionadas, que ascende a 187.730,46 €.

O Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, ten por obxecto regular a concesión directa das axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla e aprobar as bases reguladoras das subvencións reguladas por este, ás cales se deberán suxeitar as comunidades autónomas beneficiarias ao publicaren as súas correspondentes convocatorias das axudas.

Este programa de axudas pretende incrementar a eficiencia das empresas e do sistema de transporte por estrada mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector. Para conseguir a interoperabilidade dos sistemas e procesos dos diferentes axentes involucrados no transporte de mercadorías, considérase necesario promover, non só a modernización das empresas de transporte, senón tamén dos operadores de transporte e das empresas cargadoras, como membros indispensables da cadea de transporte.

Debido á necesidade de modernizar o sector do transporte, que en España está moi atomizado cun número considerable de pequenas empresas sen a capacidade e coñecemento para mellorar a súa eficiencia mediante a introdución de novas tecnoloxías, e tendo en conta que a tipoloxía de actuacións subvencionables non posibilitan unha comparación das axudas entre sí, requírese o cumprimento duns requisitos predeterminados de situación de empresa, como o seu tamaño, incluíndo únicamente os autónomos e as pemes que sexan titulares dalgunha das autorizacións recollidas no real decreto e que estea en vigor no momento de presentaren a solicitude da axuda.

Así, as empresas do ámbito tecnolóxico e dixital que sexan provedores dalgunha das solucións de modernización incluídas no real decreto poderán solicitar a súa adhesión ao programa na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, mediante o procedemento publicado na web do Ministerio na seguinte ligazón, de conformidade co establecido no anexo VI do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro:

https://sede.mitma.gob.es/SEDE_ELECTRONICA/LANG_CASTELLANO/OFICINAS_SECTORIALES/GESTION_TRANS_PRTR_CCAA/adhesion-proveedores-soluciones-modernizacion-programa-ayudas-autonomos-y-pymes-modernizar/

Ao seren admisibles as adhesións realizadas na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, non se establece ningún condicionante adicional para as que pretendan ter validez en Galicia e, polo tanto, considérase que a apertura dun procedemento de adhesión complementario podería dar lugar a confusións para os destinatarios últimos, razón pola cal non se considera oportuno abrir un procedemento paralelo de adhesión destes provedores na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para solicitar a adhesión ao programa estará aberto ata o 30 de xuño de 2024, sen prexuízo de que, unha vez esgotado o crédito atendendo ás solicitudes que xa fosen presentadas e á súa orde de presentación, as novas solicitudes que se presenten seguirán rexistrándose nunha lista de reserva provisional.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicará tamén na súa web o Rexistro de Provedores Adheridos ao programa, coa finalidade de que o poidan consultar tanto as comunidades autónomas como os destinatarios últimos das axudas. Os provedores poderán estar dados de alta para unha ou varias das tipoloxías de actuacións subvencionables definidas no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e publicarán a súa oferta de servizos neste rexistro.

Ademais, os provedores poderán asistir de xeito voluntario os destinatarios últimos na solicitude e xestión das axudas.

Dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda. Entenderase como data de inicio das actuacións a data da sinatura do contrato entre o destinatario último e o provedor de solucións de modernización.

Os destinatarios últimos das axudas dirixirán as solicitudes ás comunidades autónomas onde teñan a súa residencia fiscal.

Establécense nove categorías de solucións de modernización subvencionables e os destinatarios últimos poderán elixir ata un máximo de dúas solucións de entre as establecidas como elixibles para o seu tamaño e tipo de actividade.

O prazo máximo para resolver e notificar é de seis meses desde a data de presentación da solicitude. De non se notificar a resolución en prazo, entenderase desestimada a solicitude.

Unha vez ditada a resolución de concesión da axuda, o destinatario último recibirá un «cheque moderniza» pola contía correspondente á actuación para a cal solicitou a axuda. No suposto de solicitar dúas solucións de modernización, recibirá dous «cheques moderniza», un para cada unha das solucións e pola contía correspondente a cada unha, dado que a contratación se pode realizar con distintos provedores.

O destinatario último deberao empregar para a contratación dalgunha das solucións de modernización incluídas no real decreto, formalizando deste xeito acordos de prestación de solucións de modernización cos provedores de solucións de modernización adheridos, e cos cales formalizase un contrato previo.

Deberán presentar unha/s proposta/s de acordo de prestación ante a Dirección Xeral de Mobilidade, que se pronunciará sobre esta nun prazo de dez (10) días hábiles. Transcorrido este prazo sen se pronunciars os acordos consideraranse válidos.

A continuación, formalizarse un acordo de prestación para cada unha das categorías de solucións de modernización subvencionables, dado que os provedores poden ser diferentes.

O prazo máximo para a formalización dos acordos será de tres meses desde a notificación da resolución de concesión. Transcorrido o dito prazo, o destinatario último perderá o dereito ao cobramento do importe. Unha vez formalizado este acordo, procederá a prestación da solución de modernización por parte do provedor. Realizada a prestación, o provedor emitiralle ao destinatario último unha única factura polo importe total para cada unha das solucións de modernizacións. A factura reflectirá a redución no importe que deberá aboar o destinatario último, con respecto á contía da subvención concedida no «cheque moderniza».

O pagamento da prestación realizarao o destinatario último, mediante a cesión ao provedor do «cheque moderniza» asociado ao acordo subscrito. Ademais, deberalle pagar a parte correspondente dos custos non subvencionables.

No suposto de que o «cheque moderniza» supere o custo da actuación realizada, o pagamento da subvención realizarase polo importe do custo da actuación subvencionable.

Tras a prestación da solución de modernización, o provedor de solucións de modernización, en nome do destinatario último, deberá presentar a xustificación das accións realizadas (actividade contratada e formalizada no acordo de prestacións de solucións de modernización) nun prazo máximo de doce meses desde a resolución de concesión da subvención.

A Comunidade Autónoma dispón dun prazo de seis meses para verificar o cumprimento da execución da actuación e proceder ao pagamento do «cheque moderniza» aos provedores.

Así mesmo, tendo en conta o obxecto e a finalidade das actuacións subvencionables, o procedemento de concesión das axudas será o de concesión directa ou concorrencia simple. Neste caso, concorren razóns de interese social e económico que xustifican recorrer á excepción prevista no artigo 19.2 en relación co artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De conformidade con eles, nesta convocatoria exceptúase o criterio xeral de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos mediante a súa comparación, e regúlase un procedemento de concesión abreviado en que a proposta de concesión a formulará o órgano concedente directamente polo órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos requiridos polas bases reguladoras para conceder a subvención.

Levarase a cabo un procedemento de análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese ao ser unha convocatoria do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), en cumprimento do establecido na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, e que este procedemento estará regulado pola Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

En relación co cumprimento da normativa de axudas de Estado, esta axuda configúrase de conformidade co Marco nacional temporal de Ucraína, aprobado pola Comisión Europea na súa Decisión S.A.102771 (2022/N) e as súas modificacións. A concesión destas axudas estará sometida, polo tanto, aos requisitos e límites establecidos no dito marco nacional, sempre que se concedan antes do 31 de decembro de 2023 ou, de ser o caso, ata a data á cal se prorrogue o dito marco temporal. Estas axudas concederanse a empresas e autónomos afectados pola crise de Ucraína, sempre que o valor nominal total non supere o importe bruto máximo, antes de impostos e outras retencións, de 2.000.000 euros por empresa ou autónomo, cando se realice en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais ou de pagamento, anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital.

As axudas que se concedan a partir da data de finalización da vixencia do Marco Nacional de Ucraína estarán suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

O importe total das axudas de minimis que se poderá conceder a cada un destes destinatarios últimos non poderá exceder a cifra de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. No caso de que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada, non poderá exceder a cifra de 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Consecuentemente, esta orde de convocatoria axústase á Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e normas de desenvolvemento.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, polo Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estructura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 48/2022, do 28 de abril, polo que se modifica o Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é convocar as subvencións incluídas nos programas de incentivos ligados á modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 2. Bases reguladoras

As bases reguladoras aplicables a estas subvencións establécense no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 257, do 26 de outubro).

Artigo 3. Marco normativo

En todo o non regulado nesta orde será de aplicación o Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, que establece a normativa específica aplicable, os requisitos e obrigas dos destinatarios últimos, as contías e requisitos das actuacións, e os procedementos de concesión, así como o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e demais normativa de aplicación.

Así mesmo, tamén será de aplicación a normativa europea aplicable en materia de axudas do Estado e calquera desenvolvemento normativo que realice o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao abeiro da habilitación prevista na disposición adicional primeira do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

Artigo 4. Financiamento e crédito orzamentario

1. Destínase ao financiamento desta convocatoria un orzamento por importe total de seis millóns douscentos cincuenta e sete mil seiscentos oitenta e dous euros (6.257.682 €), con cargo ás anualidades 2023 e 2024.

2. Do importe total, destinaranse 6.069.951,54 € ás subvencións obxecto desta convocatoria, que se concederán con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2023 e 2024.

3. Destinarase a custos indirectos o 3 % do importe total, que ascende a 187.730,46 €.

Artigo 5. Compatibilidade das axudas

As subvencións obxecto desta convocatoria serán incompatibles con outras subvencións ou axudas que se poidan conceder, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou de organismos internacionais, e en especial co Programa Kit Digital, de conformidade co establecido no artigo 21.3 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

Artigo 6. Destinatarios últimos das axudas

1. Os artigos 14, 15 e 16 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, regulan os destinatarios últimos das subvencións convocadas por esta orde, os requisitos para obter esta condición e as súas obrigas.

2. Serán destinatarios últimos das axudas, sempre que teñan a súa residencia fiscal en España, tanto as persoas xurídicas privadas incluídas na definición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, como as persoas físicas, cando, en ambos os casos, cumpran algunha das seguintes condicións:

a) Sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor na data da solicitude das axudas:

1º. Unha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MDPE.

2º. Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.

3º. Unha autorización de transporte público de mercadorías, habilitante para facer transporte con vehículos de ata 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MDLE.

4º. Unha autorización de operador de transporte habilitante para intermediar na contratación de transportes públicos de mercadorías, identificadas rexistralmente coa clave OT.

b) Que na data da solicitude da axuda presten servizo público de transporte urbano en autobús e esean exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas na letra a) deste punto.

c) Que interveñan no proceso de transporte de mercadorías como cargador/descargador ou expedidor/receptor, tal e como se reflicte na Lei 16/1987, do 30 de xullo, no documento de control e no ADR.

Artigo 7. Actuacións subvencionables

1. Estas axudas outórganse ao abeiro da subvención concedida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

2. Serán actuacións subvencionables as categorías de solucións de modernización que se enumeran no artigo 19 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro:

Categoría 1. Xestión de documentos de control electrónicos (anexo I, IF325A).

Categoría 2. Sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración (anexo II, IF325B).

Categoría 3. Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión (anexo III, IF325C).

Categoría 4. Implantación de sistemas TMS/ERP (anexo IV, IF325D).

Categoría 5. Implantación de sistemas SAE (anexo V, IF325E).

Categoría 6. Actualización de sistemas SAE (anexo VI, IF325F).

Categoría 7. Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros (anexo VII, IF325G).

Categoría 8. Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos (anexo VIII, IF325H).

Categoría 9. Mellora de sistemas de ticketing (anexo IX, IF325I).

2. Só serán subvencionables as actuacións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.

3. Entenderase como data de inicio das actuacións a data de sinatura do contrato previo entre o destinatario último da axuda e o provedor de solucións de modernización, de acordo co artigo 19.3 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

4. Non se considerarán subvencionables o imposto sobre o valor engadido (IVE), o imposto xeral indirecto canario nin o imposto sobre a produción, os servizos e a importación, que se devindiquen na adopción de solución de modernización, de conformidade co artigo 31.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. Na categoría 3, Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión, esta categoría está destinada unicamente á actividade de transporte de mercadorías.

6. Na categoría 5, Implantación de sistemas SAE, e na categoría 6, Actualización de sistemas SAE, dado que as axudas se establecen por número de vehículos da empresa, a implantación débese realizar nos seguintes vehículos:

a) Se o destinatario último ten ata tres vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados nun vehículo.

b) Se o destinatario último ten entre catro e dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados en tres vehículos.

c) Se o destinatario último ten máis de dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas SAE embarcados en dez vehículos.

7. Na categoría 7, Axuda aos servizos de transporte de viaxeiros, as axudas establécense por número de vehículos e importe polo sistema de contaxeo, polo que:

a) Se o destinatario último ten ata tres vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios nun vehículo.

b) Se o destinatario último ten entre catro e dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios en tres vehículos.

c) Se o destinatario último ten máis de dez vehículos, deberá instalar, como mínimo, os sistemas hardware de contaxe e os sensores necesarios en dez vehículos.

Artigo 8. Contía das axudas

1. O anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, establece o importe das axudas en función do tipo de actividade do destinatario último e do seu tamaño (número de empregados e número de vehículos).

2. Os importes do anexo I do Real decreto 902/2022 para cada categoría de solucións de modernización son valores máximos. Non se poderán solicitar dous paquetes e empregar o importe dun dos paquetes para incrementar a axuda do outro.

3. En canto ao número de empregados, computarase o persoal medio en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social no período dos doce meses anteriores á data da solicitude da axuda.

a) Para os/as autónomos/as, computan:

1º) O/a autónomo/a empregador/a.

2º) O persoal medio en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social no período indicado.

3º) Autónomos/as colaboradores/as que declare o/a autónomo/a.

b) Para as empresas, computan:

1º) O persoal medio en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social no período indicado.

2º) Autónomos/as societarios/as que declare a empresa.

4. En canto ao número de vehículos da empresa, contabilizarase o número de vehículos no momento de presentar a solicitude de axuda.

Artigo 9. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas contarase a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de xuño de 2024.

Artigo 10. Solicitudes

1. Os destinatarios últimos que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia poderán presentar unha solicitude de subvención para cada unha das solucións de modernización solicitadas, dirixida á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Cada destinatario último poderá elixir ata un máximo de dúas solucións de modernización de entre as establecidas como elixibles no anexo I do Real decreto 902/2022, para o seu tamaño e tipo de actividade.

2. De acordo co disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a solicitude e tramitación destes procedementos faranse por medios exclusivamente electrónicos.

En consecuencia, para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que figura como anexos I ao IX a esta orde.

Deberá presentar o anexo correspondente a cada unha das categorías de actuacións para as cales solicite a axuda, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A presentación da solicitude supón a aceptación das bases reguladoras destas subvencións e das obrigas reguladas nesta orde para seren beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.

Ao ser válida unha única solicitude por persoa ou entidade para cada unha das categorías de actuacións, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude para a mesma categoría de actuación, entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta. No suposto de presentar unha nova solicitude para unha categoría de actuación diferente, das dúas presentadas con anterioridade, entenderase que desiste da primeira solicitude presentada.

3. Na solicitude de axuda incorporaranse a información relativa ao destinatario último da axuda e ao seu representante, de ser o caso, así como as declaracións responsables enumeradas no anexo III do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

a) Outras subvencións solicitadas ou concedidas: a entidade deberá declarar se solicitou ou se lle concederon outras axudas para a/as actividade/es para a/as cal/es se solicita subvención, con expresión do organismo concedente, ano, importe expresado en euros e disposición reguladora da axuda solicitada ou concedida. En caso contrario, a entidade deberá declarar que non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para a/as actividade/es para a/as cal/es se solicita subvención. En especial, declarará se solicitou ou lle foron concedidas axudas ao abeiro do Programa Kit Digital regulado na Orde ETD/1498/2021, do 29 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de dixitalización pemes 2021-2025 e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de acordo co establecido no artigo 21 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

Así mesmo, o destinatario último tamén declarará se está suxeito ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e as axudas percibidas durante os dous últimos exercicios fiscais e o exercicio fiscal en curso.

En relación co Marco nacional temporal de Ucraína, aprobado pola Comisión Europea na súa Decisión S.A.102771 (2022/N), o destinatario último, declarará responsablemente:

– Que se viu afectado economicamente polas consecuencias derivadas da invasión de Ucraína, polas sancións impostas pola comunidade internacional contra Rusia e polas contramedidas adoptadas por esta.

– Outras axudas percibidas en aplicación deste marco nacional temporal ou do Marco temporal europeo Ucraína.

– Non foi sancionado pola Unión Europea como consecuencia da invasión de Ucraína.

b) Veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, estar ao día no pagamento das obrigas por reintegros de subvencións e, ao mesmo tempo, estar ao día no pagamento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Cumprimento de requisitos establecidos na normativa vixente e da dispoñibilidade da documentación que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración, así como que a/as actuación/s cal/es a/as que solicita subvención se desenvolven de maneira real e efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Que a empresa non se encontra en situación de crise, conforme definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014.

e) Que a empresa non se encontra suxeita a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lle fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñeron atribuídas na concesión.

f) Declaración pola cal se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias.

g) A aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas, para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación, e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

h) Que a persoa física ou entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

i) Coñecemento das obrigas derivadas desta orde e demais normativa aplicable.

j) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que poidan afectar o ámbito obxecto de xestión.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. Xunto con cada unha das solicitudes, os destinatarios últimos deberán presentar, como documentación complementaria común a todos os procedementos de subvencións regulados nesta orde, a documentación relacionada no anexo III do Real decreto 902/2022.

2. O destinatario último deberá presentar declaración responsable de ausencia de conflito de interese en relación coa execución das actividades para as cales solicita subvención, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, segundo o modelo que se recolle no anexo X desta orde.

3. O destinatario último e o provedor de solucións garantirán que todas as actuacións que se leven a cabo en cumprimento deste programa respectan o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «Do no significant harm-DNSH»), no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Para iso deberán presentar asinada electronicamente a declaración responsable, colgada no seguinte enderezo electrónico do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico: https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/recuperacion-transformacion-resiliencia/transicion-verde/cuestionariodnshmitecov20_tcm30-529213.pdf

No anexo XIV desta orde publícase este modelo, pero terán que presentar, en todo caso, o modelo que estea vixente na web do Miteco no momento de presentar a súa solicitude.

4. Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais, retedores ou certificado da situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

5. Copia da documentación que acredite a autorización da cal é titular o destinatario último da axuda, salvo no caso de cargador/descargador, expedidor/receptor ou de prestación do servizo público de transporte urbano en autobús.

6. Así mesmo, os destinatarios últimos deberán presentar, como documentación complementaria específica, os documentos sinalados a seguir:

a) Para as solicitudes do anexo I (IF325A), anexo III (IF325C) e anexo IV (IF325D):

1. Certificado do persoal medio de traballadores en situación de alta, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, por cada código de conta de cotización que teña dada de alta, nos últimos doce (12) meses anteriores á presentación da solicitude de axuda.

2. Documentación acreditativa da condición de autónomo colaborador e autónomo societario do solicitante, de ser o caso.

b) Para as solicitudes do anexo II (IF325B), anexo V (IF325E), anexo VI (IF325F), anexo VII (IF325G), anexo VIII (IF325H) e anexo IX (IF325I), copia da documentación que acredite o número de vehículos dos cales é titular o destinatario último da axuda.

c) Para as solicitudes dos anexos V (IF325E), VI (IF325F), VII (IF325G) e IX (IF325I), de ser o caso, para acreditar que o destinatario último presta servizo público de transporte urbano en autobús e está exento da obtención dalgunha das autorizacións incluídas na letra a) do artigo 14.1: certificación expedida polo órgano competente da correspondente entidade local, que acredite a prestación do servizo público de transporte urbano na data de solicitude da axuda.

d) Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada en calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

8. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

10. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou, de ser o caso, do representante.

b) DNI ou NIE da persoa provedora solicitante do pagamento ou, de ser o caso, do representante.

c) NIF da entidade solicitante, ou de ser o caso, da entidade representante.

d) NIF da entidade provedora solicitante do pagamento ou, de ser o caso, do representante.

e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.

g) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Datos de residencia con data da última variación do Padrón.

i) Certificado de alta no imposto de actividades económicas.

j) Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

k) Consulta de datos de propietarios coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

Artigo 14. Instrución dos procedementos de concesión das axudas

1. O órgano competente para a ordenación e instrución dos procedementos é a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, que realizará, de oficio, cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba formular a proposta de resolución da concesión das subvencións.

2. Recibidas a solicitudes de axuda con reserva de fondos, estas serán tramitadas por rigorosa orde de presentación por parte do órgano instrutor, quen as remitirá á unidade administrativa encargada de comprobar se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no caso de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falla ou presente os documentos preceptivos, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coa advertencia de que, se así non o fai, se considerará que a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, tras a resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. O órgano instrutor verificará que as solicitudes cumpren debidamente os requisitos exixidos e que os expedientes estean completos, e emitirá a proposta que proceda en cada caso, que será previa á resolución que corresponda.

Artigo 15. Concesión de subvencións

1. O órgano competente para resolver a concesión das subvencións será a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade.

2. A resolución de concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, á vista da proposta realizada polo órgano instrutor, ditará a correspondente resolución motivada por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento dos fondos asignados á Comunidade Autónoma de Galicia, e expresará, polo menos, a identificación do beneficiario, a actividade ou actividades que se subvencionan, así como a contía da subvención concedida ou, de ser o caso, a causa de inadmisión ou denegación que proceda.

4. Considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe asignado á Comunidade Autónoma de Galicia. En caso de esgotamento do orzamento asignado, e sempre que non expirase a vixencia dos programas, poderanse seguir rexistrando solicitudes nunha lista de reserva provisional, que serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou renuncias das solicitudes de axuda previas que poidan liberar orzamento, ou ben se incorpore novo orzamento á convocatoria.

En ningún caso a inclusión dunha solicitude na lista de reserva provisional xerará dereito para a persoa solicitante, ata que non se realicen sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado no artigo anterior.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis (6) meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Non se ditarán resolucións de concesión posteriores ao 31 de decembro de 2024.

7. A dita resolución poñerá fin á vía administrativa e contra a mesma poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, tal e como se establece nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, tal e como establecen os artigos 10, 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión de subvencións.

Artigo 16. Acordos de prestación de solucións de modernización

1. Unha vez ditada a resolución de concesión da axuda e determinado o importe do «cheque moderniza» para cada unha das solucións de modernización solicitadas e pola contía correspondente ás actuacións respectivas, o destinatario último deberao empregar para a contratación dalguna das solucións de modernización incluídas no real decreto. Deberá formalizar deste xeito acordos de prestación de solucións de modernización cos provedores de solución de modernización adheridos.

2. Previamente, o destinatario último e o provedor de solucións deberán ter formalizado un contrato. Con posterioridade, asinarán electronicamente a proposta de acordo de prestación de solucións de modernización. O contrato previo e a proposta de acordo de Prestación de solucións de modernización deberanse asinar co mesmo provedor de solucións de modernización; en caso contrario, a proposta de acordo non se considerará válida.

Deberán presentar unha proposta de acordo para cada unha das categorías de solucións de modernización para as cales solicita a axuda, seguindo o modelo recollido no anexo XIII desta orde, nas dúas vesións lingüísticas, en galego e en castelán, de conformidade co disposto no artigo 24.5 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

3. O destinatario último poñerá a disposición do órgano concedente a/s proposta/s do/s acordo/s de prestación de solucións de modernización para comprobar a súa conformidade co Real decreto 902/2022, coa orde de convocatoria e coa resolución de concesión, que terá dez (10) días hábiles para pronunciarse sobre a/s proposta/s de acordo/s subscrito/s. Transcorrido este período de tempo sen que se pronunciase, o acordo considerarase válido.

Os acordos serán válidos e producirán efectos unha vez que o órgano concedente se pronuncie sobre el ou ben tras o transcurso dos dez (10) días hábiles.

Non se aceptarán propostas de modificación dos acordos.

4. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publica o Rexistro de Provedores de Solucións de Modernización Adheridos na seguinte ligazón:

https://www.mitma.gob.es/ministerio/proyectos-singulares/prtr/listado-proveedores-prtr

5. O prazo máximo para a formalización dos acordos será de tres meses desde a notificación da resolución de concesión. Transcorrido o dito prazo, o destinatario último perderá o dereito ao cobramento do importe.

Unha vez formalizado este acordo, procederá a prestación da solución de modernización por parte do provedor. Realizada a prestación, o provedor emitirá ao destinatario último unha única factura para cada unha das solucións de modernización e polo importe total. A factura reflectirá a redución no importe que deberá aboar o destinatario último con respecto á contía da subvención concedida no correspondente «cheque moderniza».

6. A entrega ao destinatario último do «cheque moderniza» realizarase unha vez comprobado o cumprimento íntegro das condicións e requisitos establecidos e da documentación achegada.

Artigo 17. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

Para utilizar os servizos de Notifica.gal deberá dispoñer dun usuario e clave no servizo Chave365 ou dun certificado de persoa física ou xurídica asociado ao NIF da persoa destinataria, e comprobar que o seu navegador e sistema operativo cumpren os requisitos técnicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación complementaria polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo de seis meses para resolver, previsto no artigo 15.4 desta orde.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 19. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución de concesión, o destinatario último poderá comunicar, no prazo de dez días (10) hábiles, a súa renuncia expresa, total ou parcial, a esta no caso de o considerar oportuno, segundo o modelo que se recolle no anexo XI.

No caso de non comunicar a dita renuncia no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada e comprometerase a executar a totalidade da acción subvencionada nas condicións establecidas nesta convocatoria. No caso de que, transcorrido o prazo establecido para a súa execución, non a executase totalmente, declararase a perda do dereito á axuda e non percibirá o pagamento desta. Non se realizarán pagamentos parciais.

2. A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Os importes que, de ser o caso, resulten sobrantes por causa de renuncia poderanse destinar ao outorgamento de máis subvencións, segundo o determinado na cláusula décimo segunda.

Artigo 20. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

As persoas beneficiarias están obrigadas a comunicarlle á Dirección Xeral de Mobilidade calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente o destino ou a correcta aplicación da axuda outorgada.

O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución ditarao a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tras a instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á persoa beneficiaria.

2. Poderase acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, e deberanse cumprir os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A modificación débese solicitar cunha antelación mínima dun mes á data de finalización do prazo de realización da actuación subvencionable.

Artigo 21. Xustificación

1. De acordo co disposto no artigo 23 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, tras a prestación da solución de modernización, o provedor da solución de modernización adherido, en nome do destinatario último, deberá presentar no prazo máximo de doce meses, contados desde a data da notificación da resolución de concesión, a documentación específica requirida para xustificar a actuación realizada establecida no anexo III do Real decreto 902/2022.

Ademais, deberá presentar a seguinte documentación:

Conta xustificativa simplificada do pagamento, de conformidade co anexo III do Real decreto 902/2022, achegando os xustificantes de gasto conforme o previsto no artigo 30 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no título II do seu Regulamento de desenvolvemento, que conterá unha memoria e que incluirá a seguinte documentación:

a) Detalle técnico e funcional das solucións instaladas e prestadas e os seus custos, de conformidade co acordo de prestación das solucións de modernización.

b) Acreditación do cumprimento da actividade subvencionada, segundo os requisitos que se establecen no anexo I do Real decreto 902/2022.

c) A factura emitida polo provedor de solucións de modernización adherido e a documentación acreditativa do seu aboamento.

d) Conformidade expresa do destinatario último das solucións instaladas e prestadas.

e) Probas pertinentes acerca do cumprimento das obrigas de publicidade que se recollen no artigo 28 do Real recreto 902/2022.

2. No caso de ampliación excepcional do prazo de xustificación, todas as actuacións deberán estar xustificadas antes do 30 de abril de 2026.

3. Para ese efecto, deberá presentar a solicitude de pagamento da/das actuación/s (anexo XII, IF325J) xunto coa documentación xustificativa exixida. A documentación que se achegue para xustificar a execución da actuación debe ser coherente coa información achegada no formulario de solicitude da axuda. A solicitude, xunto coa documentación xustificativa, presentarase na forma establecida nos artigos 10 e 11 desta norma.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Publicidade

1. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicará as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria e as súas bases reguladoras na súa páxina web oficial (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions) e no Diario Oficial de Galicia, e expresará a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, con todo. Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da consellería.

2. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

3. Sen prexuízo do anterior, deberanse respectar as normas de publicidade recollidas no artigo 28 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.

Artigo 24. Réxime sancionador

O réxime de infraccións e sancións administrativas aplicables será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 25. Información ás persoas interesadas

Sobre estes procedementos administrativos poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na epígrafe «Mobilidade».

b) O teléfono 981 54 45 88 da dita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico: axudasmodernizacion.mobilidade@xunta.gal

d) Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións de concesión de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da Consellería.

Así mesmo, delégase na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería o exercicio da competencia para resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra todas as resolucións que diten por delegación no ámbito de aplicación desta orde de axudas.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para ditar as instrucións e os actos que sexan necesarios para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIII

Acordo de prestación de solucións de modernización

REUNIDOS:

Dunha parte, …, con DNI …, como titular do órgano… /conselleiro/a delegado/a/ xerente/propietario/a da entidade…, con NIF …, e domicilio fiscal en …, actuando en nome e representación desta entidade, segundo acredita mediante escritura de poder outorgada con data … ante o notario do Ilustre Colexio de … …, co número … do seu protocolo, en diante, o destinatario último.

E doutra parte, …, con DNI…, como titular do órgano… /conselleiro/a delegado/a/ xerente/propietario/a de a entidade , con NIF …, e domicilio fiscal en …, actuando en nome e representación desta entidade, segundo acredita mediante escritura de poder outorgada con data … ante o notario do Ilustre Colexio de … …, co número … do seu protocolo, en diante, o provedor de solucións de modernización adherido.

EXPOÑEN:

Que o Programa de axudas a autónomos e pemes para modernizar o transporte por estrada, se inclúe no compoñente 6 (Mobilidade sustentable, segura e conectada) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello Ecofin a través da Decisión de execución do Consello (2021/0156).

Que este programa está regulado no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Así mesmo, estas axudas están reguladas na convocatoria pública de axudas da Comunidade Autónoma de Galicia, realizada mediante a Orde de 17 de abril 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024, publicada no DOG núm. do 82, de abril de 2023.

Estas axudas teñen como obxectivo incrementar a eficiencia das empresas e do sistema de transporte, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector.

DECLARAN:

Primeiro. Que a Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a Resolución do director xeral de Mobilidade (órgano concedente) do XX de XXXX de 202X, concedeu ao destinatario último, conforme o Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e a Orde do 17 de abril de 2023, pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para os anos 2023 e 2024, unha subvención por un importe de XXXX euros, distribuídos da seguinte maneira:

– ……………… euros para implantar a solución de modernización ……………………… detallada no anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e no artigo 7 da Orde do 17 de abril de 2023

– ……………… euros para implantar a solución de modernización ……………………… detallada no anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e no artigo 7 da Orde do 17 de abril de 2023

Segundo. Que o provedor de solucións de modernización adherido está dado de alta no Rexistro Provedores de Solucións de Modernización do Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana para a/s categoría/s de solución/s de modernización ……………………………… e ………………… con número de rexistro…………….

Terceiro. Que o provedor de solucións de modernización adherido e o destinatario último negociaron e asinaron un contrato previo á subscrición deste acordo, con data XX de XXXX de 202X para a/s solución/s de modernización ……………… e ……………….

Cuarto. Que entre o provedor de solucións de modernización adherido e o destinatario último non existe vinculación nos supostos como os recollidos no artigo 68.2.a), b), d), e), f) e g) do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, seral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, para os casos de subcontratación da actividade subvencionada.

Quinto. Que o provedor de solucións de modernización adherido e o destinatario último non forman parte do mesmo grupo empresarial.

Sexto. Que non concorre ningún dos supostos previstos no artigo 4 da Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais.

Sétimo. Que o destinario último non ten a/s solución/s de modernización ………………… e ………………… previamente instaladas.

Oitavo. Que o destinatario último non recibiu ningunha outra subvención, axuda, ingreso ou recurso que cubra o mesmo custo subvencionable establecido no presente acordo de prestación de solucións de modernización.

Noveno. Que o provedor de solucións de modernización adherido dispón dos coñecementos e medios necesarios para levar a cabo a implantación da/das solución/s de modernización que as partes desexan acordar.

Décimo. Que o destinatario último non ten en vigor máis dun acordo de prestación de solucións de modernización para a/s solución/s de modernización ……………… e ……………….

Undécimo. Que, en virtude do anterior, o provedor de solucións de modernización adherido desexa, libre e espontaneamente, comprometerse a implantar a/s solución/s indicada/s de acordo con o contrato asinado entre as partes.

CONSIDERANDO:

Que o dereito de cobramento que nace da resolución de concesión da subvención ao destinatario último se denomina «cheque moderniza», pola contía correspondente ás actuacións para as cales se concedeu a axuda e que se detallaron previamente.

Ambas as partes subscriben o presente acordo, suxeito en todo canto lle sexa aplicable ao Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e na orde de convocatoria, conforme as seguintes

ESTIPULACIÓNS:

Primeira. Obxecto do acordo

1.1. O presente acordo ten por obxecto regular as condicións de prestación do servizo entre o destinatario último e o provedor de solucións de modernización adherido para os efectos que a seguir se expresan, segundo as condicións establecidas no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e na orde de convocatoria, na resolución de concesión da axuda.

1.2. O provedor de solucións de modernización adherido prestará a/s solución/s de modernización …………………………………………… e ……………………………………… ao destinatario último, seguindo o orzamento e os documentos técnicos negociados entre as partes, así como o disposto no anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e na orde de convocatoria.

1.3. Seguindo as peticións do destinatario último, e atendendo á negociación previa levada a cabo entre as partes no contrato anteriormente subscrito, o provedor de solucións de modernización queda obrigado a desenvolver e implantar a/s solución/s de forma que:

1.3.1. A prestación da solución de modernización ………………………… estará composta das seguintes funcionalidades ou características mínimas (detalle do contido da actuación. Como mínimo deberá conter o detallado no anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, para a categoría de solución de modernización en cuestión):

• ………………

• ………………

• ………………

1.3.2. A prestación da solución de modernización ………………………… estará composta das seguintes funcionalidades ou características mínimas (detalle do contido da actuación. Como mínimo deberá conter o detallado no anexo I do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, para a categoría de solución de modernización en cuestión):

• ………………

• ………………

• ………………

Segunda. Prazo

A prestación, por parte do provedor de solucións de modernización adherido, de todos os servizos asociados á dita/s solución/s de modernización realizarase antes do ………… (esta data terá que ser anterior a 12 meses despois da data da resolución de concesión da axuda ao destinatario último).

Terceira. Importe

3.1. En ningún caso o custo de adquisición dos servizos ou produtos poderá ser superior ao valor de mercado, de conformidade co disposto no artigo 31.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.2. Non se considerarán subvencionables o imposto sobre o valor engadido, o imposto xeral indirecto canario nin o imposto sobre a produción, os servizos e a importación que se devindiquen na adopción de solucións de dixitalización, de conformidade co artigo 31.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.3. O custo total da implantación da solución de modernización ………………………… é de ……………… euros, incluído o IVE por importe de …………… euros. Deste importe:

3.3.1. Os custos subvencionables ascenden a …………… euros, co seguinte detalle:

– …………

– …………

3.3.2. Os custos que corresponde abonar con fondos propios do destinatario último ascenden a …………… euros.

3.4. O custo total de implantación da solución de modernización ………………………… é de ……………… euros, incluído o IVE por importe de …………… euros. Deste importe:

3.4.1. Os custos subvencionables ascenden a …………… euros, co seguinte detalle:

– …………

– …………

3.4.2. Os custos que corresponde abonar con fondos propios do destinatario último ascenden a …………… euros.

(Este punto só sería de aplicación para aqueles casos en que o acordo se asine para máis dunha solución de modernización).

Cuarta. Forma de pagamento

4.1. O destinatario último cede ao provedor de solucións de modernización adherido o dereito ao cobramento («cheque moderniza») polos custos subvencionables da solución de modernización ……………………, e aboaralle ao provedor de solucións de modernización adherido ……… euros, correspondentes á parte dos custos non cuberta polo «cheque moderniza» e aos custos non subvencionables.

4.2. O destinatario último cédelle ao provedor de solucións de modernización adherido o dereito á cobranza («cheque moderniza») polos custos subvencionables da solución de modernización ……………………, e aboaralle ao provedor de solucións de modernización adherido ……… euros, correspondentes á parte dos custos non cuberta polo «cheque moderniza» e aos custos non subvencionables. (Este punto só sería de aplicación para aqueles casos en que o acordo se asine para máis dunha solución de modernización).

4.3. O provedor de solucións de modernización emitiralle ao destinatario último unha única factura polo importe total da solución de modernización contratada asociada ao acordo de prestación de solucións de modernización. O provedor de solucións de modernización adherido reflectirá na factura a redución no importe para abonar polo destinatario último, con respecto á contía da subvención concedida no «cheque moderniza».

4.4. «O cheque moderniza» non poderá facerse efectivo ata que o provedor de solucións de modernización adherido, en nome do destinatario último, e sendo este o responsable último, presente a documentación xustificativa da realización da actividade para a cal se concede a subvención e o órgano concedente considere xustificada a subvención.

Quinta. Obrigas das partes

5.1. O destinatario último e o provedor de solucións de modernización adherido deberán cumprir todas as obrigas recollidas para cada un deles no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, na orde de convocatoria, e na resolución de concesión da axuda.

5.2. O provedor de solucións de modernización adherido será o responsable das tarefas de xustificación da axuda, en virtude do establecido no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e na orde pola que se convocan subvencións na Comunidade Autónoma de Galicia.

5.3. O provedor de solucións de modernización adherido colaborará co destinatario último nas actuacións de control que deriven da citada subvención.

5.4. As partes deberán notificar, tan pronto como teñan coñecemento diso, calquera posible circunstancia que poida afectar o cumprimento dalgunha das cláusulas establecidas neste acordo.

5.5. O destinatario último poñerá o presente acordo ao dispor do órgano da Comunidade Autónoma que concedese a subvención, xunto co contrato previo que formalizaron as partes.

5.6. No caso de que calquera das partes teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude, corrupción, conflito de intereses ou irregularidade en relación coas subvencións reguladas no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e coa orde de convocatoria da Comunidade Autónoma de Galicia, poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento da unidade de control interno do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por medios electrónicos, a través da canle habilitada para o efecto polo Ministerio no seu portal web, ou ben, na súa falta, ao seguinte enderezo postal (en sobre pechado): unidade de control interno, Subdirección Xeral de Inspección dos Servizos e Atención ao Cidadán, Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, paseo da Castelá, 67, 28046 Madrid.

Sexta. Cumprimento do principio de non causar un dano significativo (DNSH)

6.1. As partes, responsablemente, comprométense a garantir o cumprimento do principio de non causar un dano significativo (DNSH) e garanten responsablemente:

6. 1.1. Que as actividades que se desenvolven neste acordo non ocasionan un prexuízo significativo aos seguintes obxectivos ambientais, segundo o artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou «taxonomía») das actividades económicas ambientalmente sustentables:

• Mitigación do cambio climático: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á mitigación do cambio climático se dá lugar a considerables emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

• Adaptación ao cambio climático: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á adaptación ao cambio climático se provoca un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, na natureza ou nos activos.

• Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á utilización e protección sustentables dos recursos hídricos e mariños se vai en detrimento do bo estado ou do bo potencial ecolóxico das masas de auga, incluídas as superficiais e subterráneas, e do bo estado ecolóxico das augas mariñas.

• Economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos, se xera importantes ineficiencias no uso de materiais ou no uso directo ou indirecto de recursos naturais; se dá lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos; ou se a eliminación de residuos a longo prazo pode causar un prexuízo significativo e a longo prazo para o ambiente.

• Prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á prevención e ao control da contaminación cando dá lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, á auga ou ao solo.

• Protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas: considérase que unha actividade causa un prexuízo significativo á protección e restauración da biodiversidade e aos ecosistemas cando vai en gran medida en detrimento das boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas, ou vai en detrimento do estado de conservación dos hábitats e as especies, en particular daqueles de interese para a Unión.

6.1.2. Que as actividades que se desenvolven neste acordo cumprirán a normativa ambiental vixente que resulte de aplicación.

6.1.3. Que as actividades que se desenvolven neste acordo non están excluídas para o seu financiamento polo plan ao cumpriren o principio DNSH conforme a Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia (2021/C 58/01), a proposta de decisión de execución do Consello, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España e o seu correspondente anexo. As actividades excluídas son:

• Construción de refinarías de cru, centrais térmicas de carbón e proxectos que impliquen a extracción de petróleo ou gas natural, debido ao prexuízo ao obxectivo de mitigación do cambio climático.

• Actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a súa utilización ulterior, excepto os proxectos relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo III da Guía técnica da Comisión Europea.

• Actividades e activos no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE) en relación cos cales se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por debaixo dos parámetros de referencia pertinentes. Cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso.

• Compensación dos custos indirectos do RCDE.

• Actividades relacionadas con vertedoiros de residuos e incineradoras. Esta exclusión non se aplica ás accións en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclables, nin nas plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non supoñan un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil. Estes pormenores deberán xustificarse documentalmente para cada planta.

• Actividades relacionadas con plantas de tratamento mecánico-biolóxico. Esta exclusión non se aplica ás accións en plantas de tratamento mecánico-biolóxico existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a súa eficiencia enerxética ou o seu reacondicionamiento para operacións de reciclaxe de residuos separados, como a compostaxe e a dixestión anaerobia de biorresiduos, sempre que tales accións non supoñan un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil. Estes pormenores deberán xustificarse documentalmente para cada planta.

• Actividades en que a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente.

6.1.4. Que as actividades que se desenvolven neste acordo non causan efectos directos sobre o medioambiente, nin efectos indirectos primarios en todo o seu ciclo de vida, entendendo como tales aqueles que poidan materializarse tras a súa finalización, unha vez realizada a actividade.

Sétima. Xustificación

7.1. A xustificación que realice o provedor de solucións de modernización ante a Comunidade Autónoma que concedese a subvención ao destinatario último terá que ser conforme co establecido no artigo 23 e no anexo III do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e coa orde de convocatoria de axudas na Comunidade Autónoma de Galicia.

7.2. O provedor de solucións de modernización adherido, en nome do destinatario último, deberá presentar a xustificación das accións realizadas consistente na documentación exixida e demais probas admitidas en dereito, de ser o caso, nun prazo máximo de doce meses desde a data da resolución de concesión da subvención ao destinatario último.

7.3. No caso de que o destinatario último non cumprise, por medio do provedor de solucións de modernización adherido, coa obriga de xustificación establecida no precedente número, non se pagará a subvención correspondente ao «cheque moderniza», declararase a perda do dereito á cobranza desta, e iniciarase o procedemento de reintegro correspondente, de ser o caso.

Oitava. Incumprimentos

8.1 O incumprimento dos requisitos e obrigas establecidos no presente acordo, no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, na orde de convocatoria das axudas e demais normas aplicables, así como das condicións particulares que, de ser o caso, se estableceron na correspondente resolución de concesión dará lugar, de ser o caso, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as axudas percibidas e os xuros de demora correspondentes, ou á perda de dereito á cobranza non exercida, conforme o disposto no título II, capítulo I, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. O destinatario último aboaralle ao provedor de solucións de modernización adherido os custos en que se incorren no caso de incumprimento por causa do primeiro que motive a perda total ou parcial do dereito á cobranza asociada.

8.2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no título IV do seu regulamento, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves, de acordo cos artigos 56, 57 e 58 da citada Lei 38/2003, do 17 de novembro. A potestade sancionadora por incumprimento exercerase de acordo co establecido no artigo 66 da mesma lei.

8.3. O procedemento sancionador suxeitarase ao previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e será o órgano concedente o competente para a súa resolución.

Novena. Resolución de discrepancias

9.1. As partes, no cumprimento das estipulacións do presente acordo privado, actuarán en todo momento dilixentemente e de boa fe. Cando xurda calquera discrepancia ou controversia entre as partes sobre a interpretación deste acordo, as partes deberán esforzarse para solucionalas mediante negociacións.

9.2. Se as partes non logran resolver as discrepancias ou controversias mediante negociación, darase por terminado o acordo, e notificaráselle ao órgano da Comunidade Autónoma que concedese a subvención. O destinatario último aboaralle ao provedor de solucións de modernización adherido os custos en que se incorren.

Décima. Modificacións e terminación

10.1 O presente acordo non está suxeito a modificacións.

10.2. O destinatario último poderá desistir do acordo unha vez formalizado e validado, logo de notificación ao provedor de solucións de modernización adherido. No caso de que iniciase a prestación do servizo o provedor de solucións de modernización adherido, o destinatario último aboaralle ao provedor de solucións de modernización adherido os custos en que se incorrese. Deberase notificar a devandita desistencia ao órgano da Comunidade Autónoma que concedese a subvención.

10.3. No caso de que o provedor de solucións de modernización adherido perdese a condición de provedor de solucións de modernización adherido ao programa durante a vixencia do presente acordo, comunicaralle ao destinatario último este feito, anularase o acordo formalizado, que se lle notificará ao órgano da Comunidade Autónoma que concedese a subvención. Nestes casos, o destinatario último poderá formalizar un novo acordo de prestación de solucións de modernización con outro provedor de solucións de modernización adherido. Sen prexuízo do anterior, no caso de que esta situación comporte un incumprimento dos requisitos e obrigas establecidos no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e na orde de convocatoria das axudas da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das condicións particulares que, de ser o caso, se estableceron na correspondente resolución de concesión, será de aplicación o recollido na cláusula oitava do presente acordo.

Décimo primeira. Entrada en vigor e duración

11.1. Este acordo será válido e terá efectos unha vez que o órgano concedente da subvención se pronuncie sobre a súa conformidade. Así mesmo, no caso de que o destinatario último non recibise o pronunciamiento de conformidade sobre o Acordo presentado no prazo de dez días hábiles, o devandito acordo será válido e terá efectos.

11.2. Este acordo continuará en vigor e será efectivo ata a súa terminación ou ata o ......… (inclúase a data de terminación), o que ocorra antes.

Décimo segunda. Exoneración de responsabilidades

Mediante a sinatura deste acordo, ambas as partes determinan e pactan que tanto o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana como a Comunidade Autónoma de Galicia quedan eximidos de calquera tipo de responsabilidade derivada do presente acordo con relación ao Programa de axudas a autónomos e pemes para modernizar o transporte por estrada, máis aló do que determine o Real decreto 902/2022, do 25 de outubro, e a orde de convocatoria da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do cal, as partes recoñecen ler na súa totalidade o presente acordo, manifestan comprendelo e aceptan obrigarse polos seus termos e condicións, así como polas condicións do Programa de axudas a autónomos e pemes para modernizar o transporte por estrada, establecidas no Real decreto 902/2022, do 25 de outubro e na Orde do 17 de abril de 2023 de convocatoria das axudas na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíndo o completo e o total acordo das partes.

E, en proba de conformidade, as partes asinan o presente acordo na data da última sinatura electrónica.

Por parte do destinatario último

Por parte do provedor de solucións de modernización adherido

(Data e sinatura, nome completo, DNI, cargo e, de ser o caso, nome completo e NIF da entidade representada)

(Data e sinatura, nome completo, DNI, cargo e, de ser o caso, nome completo e NIF da entidade representada)

missing image file
missing image file
missing image file