Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26785

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 20 de abril de 2023 pola que se modifica o prazo de execución dos proxectos financiados ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

BDNS (Identif.): 626763.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Artigo 1. Modificar a data límite que figura no artigo 4.4 das bases reguladoras para executar a segunda anualidade do proxecto, quedando a redacción da seguinte maneira:

«Os plans terán duración plurianual conforme aos prazos de execución e xustificación dispostos no artigo 26 da presente orde, sendo o prazo de execución como se indica na seguinte estrutura de anualidades:

• Primeira anualidade: desde a data de solicitude da axuda ata o 30 de novembro de 2022.

• Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023».

Artigo 2. Modificar os prazos de xustificación que figuran no artigo 26.2 das bases reguladoras para executar e xustificar a segunda anualidade do proxecto, quedando a redacción da seguinte maneira:

«2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados

Prazos de presentación da documentación

Primeira anualidade

Desde a data de solicitude ata o 30 de novembro de 2022

Ata o 12 de decembro de 2022

Segunda anualidade

Desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023

Ata o 10 de outubro de 2023

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación