Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións pola construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de San Cibrao das Viñas.

Mediante Acordo do 12 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao de Viñas (expediente IN407A 2023/045-3), o cal foi publicado no DOG do 12.4.2023, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase ao titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada, ou os seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourente

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/045-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32076A002000600000UJ.

Lugar: Farixa.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 10 m2 para o apoio núm. D-219 e 33 m2 de servidume de voo.