Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso do sistema xeral viario SE-V6 para incorporalo ao sistema de espazos libres e zonas verdes existente SE-AJ4 (artigo 42.5 da LSG) (expediente 484/2022).

O Pleno do Concello de Sober, en sesión ordinaria do día 23 de marzo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o cambio de uso da porción do terreo da praza do Concello pertencente ao sistema xeral viario SE-V6 para incorporalo ao sistema de espazos libres e zonas verdes existente SE-AJ4.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á asistencia técnica municipal en materia de urbanismo, para o seu coñecemento».

Sober, 30 de marzo de 2023

Luis Fernández Guitián
Alcalde