Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26567

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro na rúa Valle Inclán número 15.

O Pleno, na sesión do 30 de marzo de 2023, acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro na rúa Valle Inclán núm. 15, promovido por María Emilia Uz Prado, en nome de Mercadona, S.A., e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas, asinado dixitalmente o 7.10.2022.

Segundo. Publicar no prazo dun mes o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Cuarto. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da Lei do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se considere oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 17 de abril de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde