Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26413

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se notifican os informes de control de monitorización correspondentes á campaña da PAC 2022.

Mediante a Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 20, do 31 de xaneiro) a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control no ano 2022.

O artigo 13.8 da dita orde dispón que os informes de control de expedientes suxeitos a control mediante monitorización notificaranse segundo o indicado no artigo 27, que indica que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. De conformidade co artigo 45.1 da citada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia cunha ligazón á páxina web do Fogga.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes dos informes de control mediante monitorización citados na Orde do 21 de xaneiro de 2022. As persoas interesadas poden acceder á dita web no seguinte enlace:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/monitorizacion

Segundo. Poñer a disposición das persoas interesadas os informes indicados no apartado primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e a páxina web Portal de axudas PAC a través do seguinte enlace:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días a partir do día seguinte ao desta publicación para formular as alegacións ou presentar os documentos ou xustificacións que xulguen pertinentes, consonte co que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento de administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria