Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2022-121 AT).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: nuevo CS Devesa y LSAT 20 kV Devesa de interconexión.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV dirección CT 11298 Irmandiños (particular), con orixe no novo CS Devesa e final nun empalme para realizar nunha arqueta existente, cunha lonxitude de 20 metros en condutor RZ1-150 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Devesa, entrada desde SE Ribadeo, con orixe nun empalme para realizar nunha arqueta existente e final no novo CS Devesa, cunha lonxitude de 20 metros en condutor RZ1-150 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Devesa, saída dirección CT 14781 Reinante, con orixe no novo CS Devesa e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio A84985 existente, cunha lonxitude de 35 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de seccionamento prefabricado Devesa Novo Illade, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, dúas celas de protección con interruptor automático telemandadas e unha cela de protección con transformador para servizos auxiliares.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 79.005,36 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Ribadeo.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para o Ministerio de Fomento.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente conforme dereito.

Lugo, 11 de abril de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo