De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
En virtude da Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro). O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron no seu Acordo do 5 de outubro de 2022 (DOG núm. 197, do 17 de outubro) e modificado polo Acordo do 12 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro). Ademais, o tribunal acordou o 14 de marzo de 2023 (DOG núm. 57, do 22 de marzo), dar publicidade de cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición con mellor orde de prelación, ata un número igual ao de prazas convocadas do dito proceso selectivo, poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, co gallo de realizar un curso selectivo que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obter o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira de acordo coa base III da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e que, para dar cumprimento á base III da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos».
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto». As persoas aspirantes non poderán optar pola solicitude de excedencia.
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destino, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destino en prácticas, en función do subgrupo a que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG, na cal se procederá ao seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, e establecerase, segundo dispón a base III da convocatoria, tanto a data de efectos do seu nomeamento como a data de inicio do período de prácticas.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Nº orde elección |
Nº orde proceso selectivo |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
311 |
***8588** |
Lis Álvarez, Ruth Belén |
2 |
312 |
***1710** |
Dacruz López, Laura |
3 |
313 |
***5729** |
López Mouriño, Patricia |
4 |
314 |
***4359** |
Pérez Trigo, Benjamín |
5 |
315 |
***8532** |
Mantilla Martínez, Ada Vanessa |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Niv. |
Observacións |
33 |
EDC994005032090001 |
Auxiliar administrativo/a |
ED |
Centro de Formación e Recursos (O Barco de Valdeorras) |
Servizos periféricos |
Barco de Valdeorras (O) |
C2 |
14 |
Xornada partida |
45 |
EDC994030115420001 |
Auxiliar administrativo/a |
ED |
IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) |
Servizos periféricos |
Malpica de Bergantiños |
C2 |
14 |
|
125 |
FCA291000015001040 |
Auxiliar administrativo/a |
FC |
Delegación da Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
|
126 |
FCA291000015001043 |
Auxiliar administrativo/a |
FC |
Delegación da Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
|
127 |
FCA291000015001044 |
Auxiliar administrativo/a |
FC |
Delegación da Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
|
224 |
MRC995013032090009 |
Posto base subgrupo C2 |
MR |
Distrito Forestal: XIII-Valdeorras-Trives |
Servizos periféricos |
Barco de Valdeorras (O) |
C2 |
12 |
|
308 |
SAC991000036001023 |
Posto base subgrupo C2 |
SA |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
C2 |
12 |
|
312 |
SAC991000215001023 |
Posto base subgrupo C2 (tarxeta sanitaria) |
SA |
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (A Coruña) |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
|
340 |
EIC99100015001047 |
Posto base subgrupo C2 |
EM |
Xefatura Territorial da Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
|