Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25601

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación da orde de realización dos traballos de xestión da biomasa.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non poida practicarse a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

A persoa responsable dispón dun prazo de quince días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entederase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano que a ditou nun prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, na forma prevista no artigo 46 da Lei 29/1988, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ferrol, 28 de marzo de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 8.7.2019; BOP núm.137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da área de Servizos, Obras, Medio Ambiente,
Zona Rural e Participación Cidadá

ANEXO

Referencia/nº de expediente

Referencia catastral

Acto notificado

Interesado/a

INC 1/2021/429

2021033759

15037A03500758

Resolución do 22.11.2022

32617850D