Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de marzo de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Mariscos Daporta, S.L. de ampliación de prazo extraordinario e inclusión do uso de venda directa de moluscos, correspondente á concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Tragove con destino á estación depuradora de moluscos (expediente 13-36-02-C1).

Lucas Daporta Domínguez solicita en nome e representación de Mariscos Daporta, S.L., a ampliación de prazo extraordinario e inclusión do uso de venda directa correspondente á concesión administrativa con destino á estación depuradora de moluscos no dominio público portuario de Tragove.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 13 de marzo de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur