Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 67, do 5 de abril de 2023, e referido ao concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na categoría de profesorado asociado de prácticas tuteladas da Facultade de Farmacia (4 prazas), cómpre realizar as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:
Na páxina 22495, onde di:
«As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)».
Debe dicir:
«As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)».