Convocada por Resolución do 21 de novembro de 2022 (DOG nº 222, do 22 de novembro de 2022), a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangre, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, esta dirección, en virtude de las competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, de 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde de 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os sus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro)
RESOLVE:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocado pola Resolución do 21 de novembro de 2022 (DOG nº 222, do 22 de novembro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cese, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023
María Luísa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos
ANEXO I
Denominación do posto: xefe da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.
Nome e apelidos: José Agustín García Costa.
DNI: ***3995** (*).
(*) Ocultase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.