Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25126

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023 pola que se amplía o crédito orzamentario da Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E).

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias que se deben seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis alicerces establecidos polo Regulamento da UE e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran pola súa vez 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a acadar os obxectivos xerais do Plan.

O compoñente 24, Revalorización da industria cultural, recolle reformas e investimentos orientados a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas promovendo tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais. Dentro deste atópanse diversos proxectos dos que participarán as comunidades autónomas, entre os que está o C.24 I1. P1.2, Apoio a aceleradoras culturais.

O día 22 de xullo de 2021 aprobáronse os criterios de repartición dos fondos afectados para o financiamento das actuacións descritas e a súa execución que corresponden ás comunidades autónomas, a través de convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva.

En consecuencia, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou o día 28 de decembro de 2021, no Diario Oficial de Galicia número 248, a Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E, que, unha vez tramitada, resultan remanentes procedentes das minoracións, reintegros e renuncias dos expedientes.

O Pleno da Conferencia Sectorial de Cultura, na súa reunión do 7 de abril de 2022, aprobou a distribución territorial dos créditos correspondentes aos proxectos do compoñente 24, Revalorización da industria cultural, do Plan de recuperación, que serán xestionados polas comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla nos exercicios 2022 e 2023, nos termos autorizados polo Consello de Ministros na súa reunión do 5 de abril de 2022.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou, no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro de 2022, a Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E), que posteriormente foi modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2022, publicada no DOG núm. 230, do 2 de decembro.

A Conferencia Sectorial de Cultura dos días 15 e 16 de decembro de 2022 aprobou a modificación dos documentos reitores dos proxectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia dos compoñentes 24 e 25, puntualizando as accións, fitos e prazos para a execución das diferentes medidas.

A Resolución do 20 de outubro de 2022, no punto 1 do artigo 4 das bases reguladoras, establece que as axudas se financiarán cun crédito total de 880.046,81 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais de 2023, código de proxecto 2021 00003, distribuído:

600.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.1.

280.046,81 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.1.

No punto 4 do artigo 4 establece que os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o punto 1 do artigo 4 da Resolución do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023, incrementándose o crédito dispoñible en 355.300,23 euros, polo que resulta un crédito total 1.235.347,04 dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais do ano 2023, código de proxecto 2021 00003, distribuído:

955.300,23 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.1.

280.046,81 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.1.

Segundo. Modificar a distribución orzamentaria do punto 2 do artigo 4 da Resolución do 20 de outubro de 2022, que resulta repartida da forma que segue:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas: 280.046,81 euros.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes: 955.300,23 euros.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais