Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS TUI803 e CTC en Aldea.
Situación: Tomiño.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1 de 64 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes coa LMTS TUI803, no lugar de Aldea, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación compacto (CTC), a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36054A043000140000ES, no lugar de Aldea. A instalación está situada no lugar de Aldea, Taborda, no concello de Tomiño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 27 de marzo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/132-4.
Denominación: LMTS TUI803, CTC en Aldea.
Concello: Tomiño.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT (m2) |
Afeccións |
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
1 |
Provixales |
Urbana |
36054A043000140000ES |
Gumersindo Enrique Fernández Parente |
16,81 |
1,74 |
1,74 |