Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/086 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LAT 20 kV e CT Vilamoure.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña aérea de alta tensión a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente núm. A41511 da LAT Tablicia e final no apoio A29964 da LAT Tablicia, cunha lonxitude de 678 metros en condutor existente tipo LA-56, na cal se instala un apoio novo tipo C-2000-16.

– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-2000-16, entra e sae no CT proxectado Vilamoure e remata noutro paso aéreo a soterrado situado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 90 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

– CT Vilamoure en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 78.312,42 euros.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Lugo.

– Separata para a CHMS.

– Separata para a Consellería de Infraestruturas.

– Separata para Telefónica.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 21 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo