Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/126-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC.

Situación: Redondela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 no tramo RED7091269, no camiño Río-Reboreda, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no empalme coa LMTS RED7091296, na arqueta proxectada no camiño Río-Reboreda.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 247 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS RED7091296, na arqueta proxectada no camiño Outeiro de Reboreda número 62, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 247 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final no empalme coa LMTS RED7091296, no camiño Outeiro de Reboreda número 62.

Centro de transformación compacto a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36045A018009370000WU, na estrada do Cadaval fronte ao número 16.

Desmontaxe do centro de transformación intemperie Cadaval 36AY83.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-2000/14 (116 metros LA-30).

A instalación está situada no lugar de Asnelle de Arriba, parroquia de Reboreda, no municipio de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/126-4.

Denominación: LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval 36AY83 por CTC.

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

O Rego de Abaixo

Rústico

36045A018009370000WU

Hros. de Ángel Outerelo Ledo

16,81

4,17

17,14

2

Raxente de Abaixo

Rústico

36045A018009950000WX

Carmen Rivas Garrido

1

1,69

4,79

17,14