Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/367-1).

Expediente: IN407A 2022/367-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT MEA-809 Espasante-Mañón 9 entre os apoios BDW6EPS1//D125-B-3 e BDVVFFAU//D125-B-6.

Concello: Ortigueira.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo caseta obra civil Viso (expedientes 5.365 e IN407A 2016/2631-1/matrícula: 15CV73), de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, sito no lugar de Figueiras (concello de Ortigueira).

– En substitución do CT Viso tipo caseta obra civil, proxéctase un centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión (CBT), que se situará no novo apoio identificado como núm. D125-B-5-CT metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS), que se instalará preto da localización actual da caseta do CT Viso, que se desmantelará.

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio de formigón núm. D125-B-4 (matrícula: BDWBMT92) polo novo apoio metálico tipo AM-AG-C-2000/14-H35-CA, en que se proxecta a instalación dos elementos tipo XS, de manobra do novo CT proxectado.

– As anteriores operacións implicarán un lixeiro cambio do trazado da liña MEA-809 entre os seus apoios núm. D125-B-3 (matrícula: BDW6EPS1) e núm. D125-B-6 (matrícula: BDVVFFAU) existentes pola implantación do novo apoio núm. D125-B-5-CT, de tal xeito que se retirará o treito de 149 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 existente, que será substituído polo novo treito de 152 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56.

– Reordenación da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Viso (expedientes 5.365 e IN407A 2016/2631-1/matrícula: 15CV73), que se desmantelará, mediante a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA), en condutor tipo RZ-0,6/1 kV 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm), de 29 metros de lonxitude, con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate en apoio de formigón existente, en que se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 28 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LAMT MEA-809 Espasante-Mañón 9 entre
apoios BDW6EPS1//D125-B-3 e BDVVFFAU//D125-B-6

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ortigueira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT
e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Dolores Carmen Porben Macillera

Polígono 12,

parcela 1141

Capelos

14,82

237,17

Eucaliptal

3

María del Carmen Piñón Villar

Polígono 12,

parcela 143

Capelos

5,71

98,44

Eucaliptal

9

María Carmen Generosa Guerrero

Polígono 12,

parcela 1161

Castro

32,44

317,32

Prado ou pradaría